Beatriz Otero Domínguez

Técnica de emprego e formación, Axente de Desenvolvemento Local, and Promotora de Igualdade in Galicia, España

Ante todo GRAZAS por deterte nesta páxina para coñecerme algo máis. GRAZAS polo teu interese.

Son unha profesional do mundo social, das políticas do Estado de Benestar. Desenvolvo a miña actividade, desde o punto de vista técnico, nas seguintes áreas de traballo:

- EMPREGO. Asesoramento para a inserción laboral e a recualificación profesional. Accións de orientación, intermediación e prospección laboral. Deseño e implementación de proxectos e actividades para o fomento do emprendemento, a competitividade empresarial e a creación de emprego.

- FORMACIÓN. Planificación, organización, xestión e avaliación de proxectos formativos.

- IGUALDADE. Asesoramento e formación sobre políticas de igualdade, dereitos, recursos e tramitación de axudas. Iniciativas de sensibilización e actividades.

A miña experiencia profesional compleméntase coa práctica DOCENTE. Son formadora de desenvolvemento profesional (habilidades sociais), docente de formación para o emprego e xestión empresarial (técnicas de procura de emprego, procesos de selección, acceso á función pública, tramitación de axudas e subvencións) e reeducadora en accións de sensibilización e concienciación social (igualdade, inclusión social, medio ambiente).

Comparto informacións e reflexións na miña conta de Twitter: @beatrizoterodom. Estás convidado/a!

  • Work
    • Técnica de Emprego e Formación
  • Education
    • Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral
    • Posgrao Especialista en Orientación Laboral