Begoña Garrido

“(6/12/1977) Meus avós contáronme dende ben pequena moitas lendas que espertaron en min ese desexo de querer saber máis do pasado. San Pedro de Rocas, moi próximo a miña aldea, era un deses lugares máxicos que me levaron a estudar historia (1999-2005 na Universidade de Vigo). Quería ser arqueóloga e descubrir esqueletos, castelos e cidades soterradas como a famosa Antioquía da que me falaba o meu avó.

Tentando cubrir ese soño de nena pasei a maioría dos meus veráns de carreira en escavacións arqueolóxicas como as de Toralla, Ampurias, Mérida, Teruel, Santomé e o Museo Arqueolóxico de Ourense. Sería precisamente neste último onde descubrín outra actividade coa que gozaba tanto ou máis que escavando: transmitir aos cativos a miña paixón pola historia.

Dende este momento, e ata que a crise converteuse na escusa perfecta para desbotar calquer belisco de innovación educativa, toda a miña actividade profesional, cando non tamén a persoal, envorcouse na Didáctica do Patrimonio. Agora de novo, dentro do proxecto de Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural, poderei seguir presentándome ante @s nen@s coa frase: pensades que a historia é aburrida? Si a vosa resposta é que si é que aínda non me coñecedes.