IES POETA DÍAZ CASTRO

No 2013 o IES POETA DÍAZ CASTRO de GUITIRIZ embarcouse na aventura de recuperar cun documental a figura do poeta que dá nome ó centro e contribuir á que se lle adicase ó Día das Letras Galegas. Acadouse ese obxectivo e dende entón os proxectos relacionados co poeta multiplicáronse ata convertirse na web A LUS DO MUNDO, Tralas pegadas de Díaz Castro construída co apoio do programa Educa Barrié e onde concentramos dende agora toda a información sobre este proxecto.