Iván Méndez López
Culleredo, Galiza
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e Diploma de Estudos Avanzados pola mesma universidade. Bolseiro durante 20 meses do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, traballei como asesor lingüístico da Oficina de Sóftware Libre da mesma universidade e como técnico de normalización do Concello de Cerceda desde febreiro de 2008 até 2012. Agora ando enredado na internés.
Pertenzo á directiva da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, da SRDC Tempo Novo de Elviña (secretario) e da Peña Deportivista os Curriolos. Ademais, son aprendiz de gaiteiro e de zanfonista.
Publiquei algunhas cousiñas, colaborei co desaparecido Xornal de Galicia e agora ando detrás do proxecto Galegobook, á parte de levar un blog serio (?) que actualizo con pouca frecuencia e un outro que aínda menos.
Foto | Xabier Martínez