Mirari Urruzola

Artist in Santiago de Compostela

Visit my company website

Mirari Urruzola é Master en belas artes e artísta visual. Está formada en Londres na universidade de Belas Artes de London Metropolitan University e na Escola de Deseño e Teatro Croydon College.

En Maio do 2008, Mirari forman a compañía Teatro Babaluva onde traballa na produción de espectáculos de títeres para público infantil, de diversas técnicas de manipulación, con presenza nos máis relevantes festivais do panorama tanto nacional coma internacional. Contamos con 4 espectáculos no noso repertorio: Marusía, Lume, Cama e conto e Tita (un espectáculo sobre a intelixencia emocional).

Dende o 2013 especializase na creación de espectáculos- instalacións para a primeira infancia. Produce espectáculos interactivos, participativos que excitan a curiosidade e enriquecen o imaxinario e aprecian o xogo coa intención de que a experiencia vivida no teatro sexa única.

Produce “A alfombra máxica” (2015),un espectáculo sensorial para bebés e “Minia convidate a xogar” (2018),especialmente recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. Ambos espazos, chamados escenografías para o xogo, son creados para provocar o xogo e poder expresar o imaxinario infantil. O público é convidado a participar e a descubrir a contorna. Aos poucos vanse apropiando do sitio até chegar a transformalo libremente.

Imparte obradoiros de Educación artística en Galiza e Portugal para diferentes entidades. Participa no proxecto escenografías para o xogo para APECV (Asociación de profesores de expresión e comunicación Visual) de Portugal. Esta proposta propón crear espazos e soportes tridimensionais detonantes de situacións de aprendizaxe, con materiais moi sinxelos e de baixo custe. Trátase de empregar o espazo como recurso educativo, de exploración e experimentación, onde as crianzas desenvolven xogos e vivencias persoais, nun proceso que liga acción e pensamento.

Actualmente realiza proxectos de educación artística na escola Semente de Compostela.

Mesmo colabora no proxecto de educación artística Lugares Resistencia. Accións de transformación e humanización dos lugares do común”.

Igualmente ofrece cursos de formación a profesorado destacamos os cursos para a (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) “A escultura na aula”. Centro De Formación e Recursos de Lugo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) “construción de títeres con obxectos cotíans” e a Universidade de Santiago co proxcto “Escenografias para o xogo.