Somos Cedeira

Cedeira

SomosCedeira ten por fin velar e exercer un activismo cívico participativo de presión e denuncia pública, a prol da defensa da cultura,a xente e o medio ambiente na vila, terra, ría e costas de Cedeira.

Faremos de canle de denuncia a xeito de altofalante, dando difusión ás demandas que achegue tanto a veciñanza coma os colectivos sociais, culturais e medio ambientais, presionando o posible para procurar a súa solución sensata.