Alexandre Penas Roibás

Lugo

Traballador social

de formación é vocación teño levado a cabo diferentes proxectos de estudo e análise centrados nos servizos sociais de Galicia:

Elaboración e desenvolvemento posterior do Manual de Traballo, Información e Asesoramento en Servizos Sociais da Xunta de Galicia (MATIASS)

Proxecto Socialia destinado ao terceiro sector impulsado pola antiga Obra Social de Caixa Galicia

Plan de Calidade de Servizos Socias

Tamén teño traballado en atención directa nos servizos sociais (Concello de Lugo)

Exercin como orientador laboral uns 3 anos, durante os cales, ademais das funcións propias dunha oficina colaboradora do SEPE, realicei un estudo sobre os traballadores inmigrantes da Provincia de Lugo e traballei pola inclusión e dinamización deste colectivo na cidade de Lugo.

Asemade teño realizado labores profesionais como técnico de formación e consultaría de empresas (proxectos, subvencións, formación...), así como participado activamente en política municipal como Asesor Especial en Política Municipal.

  • Work
    • Colexio Oficial de Traballadores Sociais
  • Education
    • Diplomado en Traballo Social
    • Posgrao de Especialización en Orientación Laboral