Federación Galega de Dano Cerebral

Constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral de Galicia:

Adaceco en A Coruña

Adace-Lugo en Lugo

Alento en Vigo

Renacer en Ourense

Sarela en Santiago

A Federación persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares. Pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto á dimensión desta discapacidade, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os retos da rehabilitación, inclusión e normalización social.

Para contactar con FEGADACE pódese escribir ao enderezo de correo electrónico fegadace@fegadace.org ou chamar ao teléfono 659 177 709 ou ao 654 866 967. A sede está en Santiago de Compostela, en Cabes. Casa das Asociacións (Rúa Manuel María, 6, 2ª Planta - Despacho 2).

Política de privacidade