Isolina Fachal Fachal
Ferrol
Estiven traballando durante 4 anos como Orientadora Laboral, Formación Profesional e Inserción Laboral para a Consellería de Traballo na oficina de emprego de Ferrol-centro.
O traballo foi moi satisfactorio, o contacto co usuario é gratificante. As miñas competencias están relacionadas con este campo así realicei o Curso Avanzado Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade Local en Galicia e outros relacionados ca Inserción e Reinserción Laboral, Xestión de Emprego e Atención Telefónica ao cidadán.
Son unha persoa traballadora, responsable e que empatiza facilmente.O cidadán sempre será o primeiro a ter en conta.
Interesada na rama da Orientación e en actualización constante.