ANA CARBALLO POLO
ORIENTADORA LABORAL in Ferrol, España
Maestra de infantil especializada en logopedia.
Dende hai algo máis de 16 anos, a miña traxectoria profesional está ligada a unha entidade sen ánimo de lucro, que loita polos dereitos e a total integración das persoas con discapacidade.
Na actualidade, son a “ corre camiños” da oficina, desprázome a 17 concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
A miña función principal é orientar e guiar a persoas con discapacidade no seu camiño hacia un emprego e unha plena autonomía.
Tamén contacto coas persoas de referencia dos concellos e entidades. Realizo unha prospección en empresas das zonas para dar a coñecer o servizo de intemerdiación laboral , a bolsa de emprego e sobre todo, os beneficios que teñen por contratar persoas con discapacidade, tanto a nivel económico como social.
Gústame o meu traballo, gústame o contacto coas persoas e síntome satisfeita cando alcanzan as súas metas e obxetivos. Gústame viaxar pola nosa terra fermosa e chea de curvas.