Ana Pedreira Dovale
Psicóloga, Logopeda, and Orientadora Educativa in A Coruña
Ana Pedreira Dovale
Psicóloga, Logopeda, and Orientadora Educativa in A Coruña
¿Queres coñercerme un pouco máis?...Pois aló imos.
Son una rapaza afincada na Coruña que sempre tiven paixón pola axuda cara os demáis tanto no ámbito persoal como no ámbito laboral. Esta paixón fixo que cursase na Universidade da Coruña (1998-2001) a Diplomatura de Logopedia pero unha vez rematada esta carreira decidín seguir completando a miña formación ca Licenciatura en Psicoloxía (2001-2006, Universidade de Santiago de Compostela).
Durante o tempo no que fun cursando as carreiras universitarias fixen prácticas en moi diversos centros dende a axuda xerontolóxica a colaboracións con algún concello na atención/terapia familiar así como na atención a nenos/as.
Unha vez superada esta etapa decidín dar un salto persoal e abrir a miña propia consulta (psicoloxía e logopedia). Nese momento aprendín que a entrega e o saber cara os demáis pode cambiar o seu futuro.
Na actualidade acabo de rematar un Máster en Orientación Educativa e agora embárcome no Posgrado de Especialización en Orientación Laboral.
Como non todo e traballo no meu tempo de lecer gústame pintar cadros, fotografiar paisaxes, escoitar música, coñecer mundo, e desfrutar da natureza cos meus.
Se queres coñecer algo máis de min preme nalgún dos enlaces que deixo a final da miña tarxeta de presentación.