Andrea Oliveira
Ourense
Son educadora social e animadora sociocultural e como profesional do social o meu obxectivo é a docencia, para poder transmitir de primeira man valores e actitudes que contribuan á mellora da sociedade,pois aínda que poida ser unha utopía, cambiar o seu rumbo solo está nas nosas mans...
Formar á cidadanía é o eixo central para que se poidan dar cambios, que aínda que moi pequenos, se son moitos, conseguiremos que sexa un cambio moi grande...
O dinamismo e a empatía forman parte do meu estilo de vida, que xunto có optimismo e a escoita activa fanme unha persoa comunicativa e coa capacidade de chegar á xente.
A miña experiencia profesional como animadora e monitora de ocio e tempo libre levanme a corroborar que a educación é imprescindible en todos os ámbitos da vida e que si de verdade me gusta a docencia é porque existen persoas que queren aprender.