Emilio Andújar Porto
biologist and Monitor de tempo libre in A Estrada, Pontevedra
Emilio Andújar Porto
biologist and Monitor de tempo libre in A Estrada, Pontevedra
Desde moi pequeno sempre fun un gran amante da natureza e da miña terra. Encantábame ler libros sobre animais do mundo e xeografía, practicar deporte e facer rutas de sendeirismo ca miña familia.
Por isto, as miñas asignaturas favoritas no colexio e no instituto sempre foron a bioloxía e a xeografía e historia, o que me levou a facer o grao de bioloxía na USC. Ahí o meu gusto pola bioloxía cara mais ámbitos, ainda que seguín tendo unha preferencia pola zooloxía e o estudo da natureza, atopando a miña aficción polas aves e pola vida submarina (facendo buceo) e, mais adiante, pola botánica, algo que nunca me tería imaxinado de pequeno.
Posteriormente proseguín os estudos co master de Biodiversidade Terrestre e Conservación, cada vez mais enfocado o traballo de campo, como demostran o meu TFG e TFM experimentais. A partir disto realicei diferentes traballos, sempre ca idea de estudar e ensinar sobre a natureza: técnico investigador, protección dunha especie ameazada e monitor de tempo libre en actividades de natureza (pasando entre medias polo meu soño de neno, ser coidador de zoo).
Son unha persoa proactiva, comunicativa, que gusta de traballar en grupo, pero podéndome desenvolver en traballos en solitario, adaptable a diferentes entornos e traballos e que sempre quere aprender cousas novas, tanto de diferentes ámbitos coma da biodiversidade e a natureza que nos rodea.