Antía Castillo Fernández
Student, Dancer, and Photographer in Vigo
Se chegaches aquí por recomendación ou por casualidade, sexa o que for, benvid@! Chámome Antia, nada en Vigo. Dende que teño uso de razón sempre estiven cunha cámara na man, fotografando calquera imaxe da miña contorna, sexa brincando creando as miñas propias historias ou para asuntos máis serios. Estou graduada dende 2023 en comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (cidade á cal pertence a miña alma pese a ser viguesa) e actualmente estou cursando o máster en social media na Universidade de Vigo. A miña gama de intereses vai dende a arte, pasando pola música en directo (festivais, conciertos e eventos diversos), o cinema, historia, política e incluso cociña vexetariana. Sempre que teño un oco poderás verme lendo, vendo documentais ou escribindo nas miñas notas persoais. Fórmome e practico a danza urbana dende hai catro tempadas.
Podes premer o botón de enriba para ver a miña colección de proxectos nos que levo participando ata agora, ou clic nesta ligazón para ler o meu traballo final de investigación para a carreira. Se che gostaría contactar conmigo, sente a liberdade de dicir ola por algún dos perfís sociais de abaixo.