A. IGLESIAS

Santiago de Compostela

A primeira experiencia laboral foi como Educadora de Adultos no concello pequeno e rural onde nacín, dende entón estou vinculada ao sector da Formación e Orientación Laboral.

Dende fai máis de dez anos, traballo como Orientadora Laboral e realizo tarefas de apoio á xestión e coordinación de diferentes plans de formación profesional, tanto de carácter estatal como autonómico, dirixidos a traballadores ocupados e desempregados no sector do metal e naval galego.

Un traballo sumamente gratificante, que permite tomar o pulso real do mundo laboral.

  • Work
    • Orientadora Laboral
  • Education
    • Licenciada en Pedagoxía USC
    • Máster Avaliación e Orientación de Competencias e Cualificacións.USC