Belén Vázquez Davila

Educadora in Vigo, España

Read my blog

Son diplomada en Traballo Social e actualmente estudo grao en Educación Social.

Dispoño de formación de posgrao no traballo con menores en situación de desprotección e conflito social.

Desénvolvome vocacionalmente como educadora en vivendas tuteladas do programa MENTOR na entidade IGAXES. Acompaño a mozas e mozos adolescentes nos seus procesos de emancipación, procurando facilitarlles as maiores e mellores ferramentas posibles para que o seu tránsito á vida adulta se leve a cabo coas maiores garantías posibles.

Son unha persoa chea de inquietudes, interesada en aprender e coñecer cousas novas que me permitan enriquecerme persoal e profesionalmente.