Jaime Bello González
Student, Animador Sociocultural, and Educador Social in Santiago de Compostela
Graduado en Educación Social, co ciclo superior de animación sociocultural, e os cursos de tempo libre de director de campos de traballo, director de tempo libre e monitor.
Actualmente encóntrome opositando para Educador/a Social, encontrándome nun período de excedencia no meu traballo como animador sociocultural en Santiago de Compostela
Con respecto a miña traxectoria profesional comecei no mundo do ocio e tempo libre fai 18 anos a través do voluntariado no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago, e dende aquela fun ligando diferentes traballos neste ámbito que me permitiu traballar con diferentes colectivos, dos cales aprendín grandes leccións e axudáronme a medrar profesionalmente.
En canto as miñas competencias profesionais considérome unha persoa creativa, dinámica, proactiva e con devoción polo traballo en equipo.
Na actualidade curso o Posgrao en Orientación Laboral, co fin de medrar profesionalmente e poder acercarme laboralmente a Orientación Laboral