Conversas Sentir-se

Centro SENTIR-SE: Galeras 13, 3º, 1ª

Venres 3 de xuño 17 a 19 horas.

Dinamiza: Feitoría Verde.

Moito se ten falado sobre o cambio climático, as súas causas, efectos e o seu proceso. Con este obradoiro queremos preguntarnos que é o cambio climático e ir descubrindo falsos mitos que xiran en torno a el. Tamén queremos saber que relación temos, como persoas, con el e con que capacidade de actuación contamos. Queremos descubrir alternativas.

Para todo iso, esta sesión contará cunha parte de intercambio de ideas e reflexións ao redor de diferentes cuestións vencelladas ao cambio climático. Tamén resolveremos dúbidas. Seguidamente mostraremos algunhas alternativas viables na loita contra o cambio climático e traballaremos sobre as nosas capacidades para deseñar, persoal e colectivamente, alternativas no noso contorno inmediato.

Feitoría Verde é unha pequena empresa que entende a Educación Ambiental como ferramenta para a sensibilización e participación activa da cidadanía. A nosa intención é servir de axentes de promoción da dinamización social e da potenciación da capacidade de participación das persoas e dos colectivos para mellorar a nosa relación co medio ambiente.