José Francisco Fernández
Baroña - Porto do Son
Coa ilusión desde moi pequeno por un barquiño que meu pai construiu para min. Así naceu a miña profesión.
Realizei estudos de Ebanistería no Colexio Calvo Sotelo (A Coruña) no ano 1983. Despois de varios anos de traballo como empregado en empresas do sector, no ano 2000 decidín emprender o meu propio camiño: CARPINTERÍA CAXATO.