Carme Casado Casado
Santiago de Compostela
Responsable de Promoción Económica no Concello de Santiago dende 2004. Encántame o meu traballo e todo o relacionado co desenvolvemento urbano e os procesos de integración urbano rurais.
Gústanme as cidades. Lembro a sensación de curiosidade de viaxar a unha cidade nova e querer aprendela e vivila en canto chego dende que era unha meniña. Sigo sentindo as ganas de percorrer, explorar atopar, falar e coñecer. Fascíname o feito de que as persoas construísen para si, estructuras tan diferentes, únicas e preciosas. Gústame chegar ao límite e ver de que xeito se perden no rural, e como se conectan con el. Por iso me gusta tanto o que fago.
Galega de nacemento e de convencemento, desfruto a diario de todo o bo que me rodea