Henrique Dacosta

Profesor de profesión; escritor de vocación. Foi gañador en tres ocasións do Certame Carvalho Calero: Mar para todo o sempre (1991), novela; Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993), relatos; e Unha mada de doce relatos (2006). Finalista con "Ruiva mulher de esperança" no <<I Certame de Relato Curto, Asociación Cultural Cidade Vella>>: Muralla de Crescórnio (1989). Participou noutras colectáneas de relatos breves: "Diálogo de xordos", en Longa lingua. Os contos da Mesa (2002); "Ouro maldito", en Seis ferroláns (2003); "Cabo do mundo", en Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo; e "Soñaba", en En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Escribiu as novelas Os desherdados (2006), O prezo da tentación (2008) e Entrada ao xardín do saber (2014); e o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007). Ten publicado artigos e investigacións lingüísticas e literarias en diversas revistas e periódicos (Agália, ANT, Cátedra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia, etc.). É colaborador habitual do Diario de Ferrol.

-Na AELG

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor384

-Na Wikipedia

http://gl.wikipedia.org/wiki/Henrique_Dacosta