David Lourido
Project Manager in Corcubión, España
David Lourido
Project Manager in Corcubión, España
Marzo de 2018 é o momento de buscar un novo proxecto persoal ao que pronto lle poremos nome. O obxectivo é desenvolver proxectos de comunicación de empresas, entidades, iniciativas, etc., coas que compartamos valores e maneira de ver o mundo.
Un deses proxectos fundamentais é O Tempo da Aldea. Na aldea do meu pai, en Rebordechán (Crecente), estamos a crear un proxecto para poñer en valor e explotar os recursos da parroquia, para darlle nova vida á aldea.
Na base, as aprendizaxes que levo de Abertal, axencia de comunicación de Carballo na que tiven a sorte de ser o seu Director de proxectos durante 2 anos. Antes, estivera case 3 anos xestionando o meu propio proxecto (o primeiro) en Vigo. En Páxina 81 desenvolvín e xestionei proxectos de comunicación en colaboración con outros profesionais que compartían comigo Espacio Nido, local de coworking situado no centro da cidade.
Páxina 81 era outro paso máis dun camiño que ten como primeiros pasos a Cadena Ser, a Radio Galega, PRISA Revistas ou Galinus, axencia de marketing situada na Costa da Morte.