Diego Rivadulla
Teacher and Investigador predoutoral in La Coruña, España
Son Licenciado en Filoloxía Hispánica (2012) e Graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2014) pola Universidade da Coruña. Alén diso, realicei o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas durante o curso 2012-2013 na mesma universidade.
Tras ser bolseiro de colaboración en diversos proxectos do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña e participar como investigador contratado no proxecto Cronoloxía da literatura galega (1801-1900) (FFI2012-37891), actualmente traballo como investigador contratado ao abeiro da convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia e imparto docencia no Departamento de Letras da UDC.
Membro do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da UDC.