Dolores Bastos

Student and Teacher in Galicia

A miña traxectoria profesional é moi diversa, asociada aos distintos postos de funcionaria: persoal subalterno, técnica de pensións non contributivas, técnica de museos, técnica de demandas nunha oficina de emprego e auxiliar administrativa na mesma oficina.

A liña que da coherencia a este camiño é a atención ao público, xa sexan alumnos nun colexio, discapacitados nun centro de recoñecemento de minusvalías, visitantes dun museo ou usuarios dunha oficina de emprego.

Outra das características do meu perfil laboral é a necesaria versatilidade en lugares tan diferentes; a isto creo que me axuda a miña formación de carácter humanístico. O meu carácter pode definirse como sociable e empático, asumindo con paixón o traballo e a vida en xeral.

Participei no Curso de Especialización en Orientación Laboral para mellorar as miñas competencias e destrezas na atención os usuarios da oficina de emprego.

  • #orientaciónlaboral
  • Work
    • Funcionaria da Xunta de Galicia
  • Education
    • Licenciada en Xeografía e Historia