DORI COSTA
Asesora Laboral in coruña
Hola, son Dori, estudei a Diplomatura en Relacións Laborais que terminei no ano 2004, e comecei o meu andar profesional no mundo Laboral e dos Recursos Humanos.
Xa no ano 2012 fixen o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que me seguiu abrindo portas no mundo laboral. Dende os meus inicios sempre estiven adicada ao Asesoramento Laboralna mediana e grande empresa pero agora entroume a curiosidade por emprender a Orientación Laboralque me parece un mundo novo por coñecer.
Xa neste mesmo momento e dende a primeira sesión do Posgrao me dei conta que acertara na elección, xa que dende esta mesma presentación empeza o novo camiño de cara a Orientación Laboral e como non de cara as TIC que era outra tarefa pendente por coñecer.