Emma Teixeira López
Pontevedra
TRABALLADORA DO CAMPO SOCIAL DENDE A AUTOESTIMA E O EMPODERAMENTO
Educadora Social, Psicopedagoga, Máster en Xénero e Igualdade, Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal e Diploma de Estudos Avanzados en Intervención Psicolóxica, Familia e Educación.
Considérome resolutiva, dinámica, mediadora, facilitadora de grupos e de equipos e optimista, o que me permite traballar sobre o saber facer partindo das potencialidades individuais.
Experiencias laborais como educadora, investigadora en temas de xénero e igualdade, técnica de inserción sociolaboral, orientadora laboral, titora de emprego e animadora sociocultural.
Máis de 15 anos adicados á formación en temas transversais: Educación para a igualdade entre homes e mulleres, habilidades sociais, comunicación, empatía,educación afectivo sexual, autoestima, dinámica de grupos, ocio e tempo libre, atención sociosanitaria e habilidades para a búsqueda de emprego.