Vanesa Fernández Bargiela
Teacher and Actor in Pontevedra
Hola, son Vanesa Fernández, Educadora Social e Integradora Social.
Comecei a miña andadura laboral traballando durante máis de tres anos, co colectivo da Terceira Idade. O meu primeiro traballlo foi nunha residencia de maiores, como Animadora Sociocultural. Despois de ahí, como Educadora Social e Coordinadora dun Centro de Día de persoas maiores.
Actualmente, levo case dous anos, traballando nunha Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual. O primeiro ano, como Educadora Social, adicandome a traballar sobre o Axuste Persoal e Social deste colectivo. E dende comezos do 2020, na Área de Emprego, desempeñando funcións de Técnico de Integración Laboral no CEE. Actúo como Unidade de apoio, prestando acompañamento e dando apoios ás P.C.D.I no seu posto de traballo; ademáis de impartir Formación para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, entre outras funcións.
Considerome unha persoas proactiva, e doulle moita importancia á foramción continua, por iso, dende que me insertei no mundo laboral, intentei non deixar de formarme. Realicei diversos cursos e formacións: Docente de Formación Online, Monitora de Ocio e Tempo Libre, e Docencia da Formación Profesional para o Emprego (pendente de rematar), entre outras.
Foi dende que comecei o meu camiño no Centro Especial de Emprego, cando comezou a despertar en min o interese pola orientación laboral.
Podes seguirme con un click no botón de abaixo!