Violeta García Paz
Educadora, Docente de Formación para o emprego, and Orientadora in Pontevedra, España
Violeta García Paz
Educadora, Docente de Formación para o emprego, and Orientadora in Pontevedra, España
Licenciada en Pedagoxía, especializada en Pedagoxía Escolar: Formación Docente e Dirección de Centros Educativos, e en Pedagoxía Social e Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente traballo como educadora nun centro de protección de menores e ademais imparto e titorizo cursos e distintos módulos formativos en modalidade presencial e modalidade e-learning para diferentes entidades e colectivos.
A miña traxectoria profesional e a miña principal motivación está relacionada coa intervención socioeducativa, a Orientación Laboral, xestión de proxectos e a formación para o emprego. Saber que podo mellorar a vida social, familiar e laboral das persoas é unha responsabilidade que me fai crecer profesional e persoalmente.
En canto as miñas competencias profesionais, considérome unha persoa proactiva, dinámica e con alta capacidade de adaptación.
Penso que a formación e a orientación son un dos requisitos máis demandados nesta sociedade cada vez máis cambiante.
Por este motivo, sigo actualizándome e a día de hoxe encóntrome realizando o Posgrao de Especialista en Orientación Laboral para ampliar os meus coñecementos, especializarme e mellorar as miñas competencias profesionais nun campo que me apaixona como é o da Orientación Laboral, e así poder seguir loitando pola inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito do emprego.