Equipo Teatralización Guías e información turísticas

Student in Vigo, Pontevedra.

Equipo Teatralización Guías e información turísticas

Student in Vigo, Pontevedra.

Visit my website

Somos estudantes do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turística do CIFP Manuel Antonio.

Xunt@s formamos un gran conxunto de compañeir@s cheo de diversidade e de ilusión por aprender. Se algo nos define como clase é o optimismo co que afrontamos cada reto, facendo de nós un grupo traballador e sobre todo alegre. Gústanos avanzar entre tod@s e procuramos non deixar a ninguén atrás, porque... aínda que ás veces sexamos competitiv@s, o respecto e a amizade están sempre presentes.

Realizamos visitas teatralizadas para coñecer o noso instituto. Visitamos aulas talleres, informamos dos ciclos que se imparten, que módulos se estudan e as súas saídas profesionais, facéndoo sempre dun xeito entretido e innovador! Esta actividade permítenos facer as nosas clases prácticas.

Forma parte da nosa aprendizaxe, a planificación e promoción de guiados, a posta en escea, o dominio dos espazos e dos recursos, así como difundir, transmitir e compartir a información e formación aos visitantes. A túa visita mellora a nosa formación como guías, e por iso vos animámosvos a vir a coñecernos!

A duración é de 50 minutos. Nela contaremos coa intervención de ilustres personaxes como o deseñador Adolfo Domínguez, a curandeira Filomena Arias, o gastrónomo Manuel María Puga y Parga, mellor coñecido como"Picadillo"... e o mismísimo Manuel Antonio en persoa!