Helena Egea

Musician in Santiago de Compostela

Helena Egea

Musician in Santiago de Compostela

Listen to my music

Helena Egea é un proxecto onde a forza e a paixón da voz son protagonistas. Unha viaxe ao pasado que evoca a forza de mulleres como Aretha Franklin, Nina Simone ou Janis Joplin.

O proxecto nace como solista e consolídase agora en formato banda (guitarra, batería, teclado, baixo, voz). Como violinista e cantante, tras a miña experiencia en diferentes bandas e estilos nace a necesidade de ter voz propia. Da rabia, a frustración e a paixón nacen as miñas primeiras composicións con referentes do jazz, soul, blues, pop e rock.

O repertorio está conformado por cancións principalmente en inglés e galego. As letras falan de reflexións sociais, vivencias propias e historias evocadas con imaxes, todo como medio de catarse e autodescubrimiento.

O violín súmase a esta mestura de estilos como unha segunda voz e parte da identidade do proxecto.

Ata hai pouco levei a miña música ao público mediante o directo, estreando no verán do pasado 2023 a banda no Festival da Luz da man de Son Emerxente. Actualmente acabo de lanzar o meu EP debut “Flares of Life” producido por Juan de Dios, do que se estrearon xa os adiantos: “Glass” e “Just Happened Again” e “Arrolo”.