Iván

locutor and Guionista in Vilalba, Lugo

Ola!

Son Iván García Calaza. Nacín en Vilalba (Lugo) en 1995 e, por motivos laborais, os últimos anos movinme polas cidades da Coruña e de Santiago.

Estou graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballo como locutor temporal nos informativos da Radio Galega. De vez en cando, tamén paso pola redacción do concurso de televisión ‘Atrápame se podes’, do que fun guionista.

A miñaexperiencia profesionalestivo máis relacionada cos medios tradicionais. Por iso, ante a necesidade de non oxidarme demasiado, quería ampliar formación relacionada coas redes e co mundo dixital.

Entre as miñas afecciónsatópase a paixón por contar o deporte. Xunto cuns amigos, teño un proxecto persoal de medio dixital chamado Futbolinlugo. Está feito dun xeito moi humilde no que, polo momento, prima o contido sobre a forma. Ademais son ‘speaker’ en eventos deportivos.