Juan Mario Araújo Vilar
Vigo, Galicia, Spain
Dedícome profesionalmente á orientación laboral e desenvolvín o meu traballo fundamentalmente no Servizo Público de Emprego de Galicia onde realicei o meu traballo en distintas áreas para a xestión de demandas de emprego, clasificación de traballadores desempregados e sobre todo en programas específicos de inserción laboral dirixidos a parados de longa duración e outros colectivos con dificultades para o acceso ao mercado de traballo.
A miña formación no campo da orientación laboral abrangue aspectos tan diversos como: recursos humanos, marco normativo das políticas de emprego e protección social, socioloxía do traballo e das organizacións, dereito laboral e programas de inserción laboral e mellora da empregabilidade.