Rocío Leiro
Pontevedra
Como amante da miña profesión, considero fundamental promover o cambio social, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberación do pobo para incrementar o benestar social. Considérome unha persoa Bondadosa, humilde, responsable, meticulosa, sociable, resolutiva, curiosa, con capacidade de adaptación, traballo en equipo e gran sentido crítico.
Aválame unha amplia formación no eido social, así como tamén experiencia con diferentes colectivos en situación de extrema vulnerabilidade social.
Ademais de traballar como Traballadora Social, desempeñei outros traballos como Monitora de Ocio e Tempo Libre.