Manuela Posada
Son unha persoa activa, con iniciativa e en constante aprendizaxe porque desexo sempre realizar un bo traballo en todos os proxectos que emprendo.
Case 15 anos traballando con e para as persoas, asesorándoas e acompañándoas na busca de emprego, na súa cualificación profesional, etc.
Gústame ensinar e aprender porque a vida é descubrimento e transmisión de coñecementos.