Mar Rodríguez

Orientadora Laboral and docente in Galicia

Read my blog

Educadora Social por convicción, procuro actualizarme constantemente mediante a realización de formación complementaria, co obxectivo de recompilar ferramentas efectivas para o desenvolvemento do meu traballo diario. Isto foi o que me levou a matricularme no posgrao de Orientación Laboral do CIXUG da presente edición 2020. Ademais, cusei un título propio de experto en servizos de Información Xuvenil e información ao cidadán na Universidade de Salamanca, un curso de experto en Información Xuvenil e outro de especialista en mocidade a través da Escola Galega de Administración Pública e, no ano 2014, presenteime ao procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, no cal obtiven o certificado de profesionalidade de Informadora Xuvenil, ademais de outra formación específica, pero de menor carga lectiva.

Con respecto a miña andadura profesional, comecei traballando no programa Mentor, de inserción sociolaboral de rapaces maiores de 16 anos tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, con medidas xudiciais e/ou en conflicto social.

Posteriormente pasei a traballar como informadora xuvenil no Concello de Celanova (Ourense), durante un período de 8 anos. A partir de 2012, volvín ó campo da orientación laboral, estando vinculada ata a actualidade ó Concello de Celanova con cargo á subvención IOBE, como persoal técnico de orientación laboral da rede do Servizo Público de Emprego de Galicia a través de entidade colaboradora.

Tamén son responsable dende o ano 2014 de impartir docencia nos módulos tranversais de orientación laboral e igualdade de xénero en obradoiros de emprego.

  • Education
    • Universidade de Santiago de Compostela
    • Universidad de Salamanca