Margarita Vilela Rodríguez

Xestora de Especialización da Oferta Docente in Lugo, España

Read my blog

Licenciada en Ciencias Empresariais, especializada no ámbito do desenvolvemento local, a orientación laboral e a formación profesional para o emprego.

Ao longo da miña traxectoria profesional no eido do desenvolvemento local, realicei tarefas de observación estratéxica do territorio, promoción da cultura emprendedora, asesoramento e acompañamento técnico a potenciais emprendedores e valoración da viabilidade económico - financeira de proxectos.

Por outra banda, no campo da orientación laboral, traballei en Obradoiros de Emprego e Escolas - Taller, nos que proporcionaba un servizo de información, orientación e prospección laboral, pero tamén formación en materia de xestión empresarial.

En canto á miña experiencia como docente da Formación Profesional para o Emprego, participei tanto en accións formativas para desempregados como para ocupados no ámbito das TIC.

Ampliei a miña experiencia no ámbito da docencia traballando como Xestora de Especialización da Oferta Docente do Campus Terra, o Campus que a USC ten na cidade de Lugo. O Campus Terra é o proxecto para transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da Terra. Este proxecto busca poñer en valor as capacidades existentes e xerar outras novas para contribuír á construción dun novo modelo de crecemento intelixente, sostible e integrador. As liñas de orientación estratéxicas son: a especialización, a internacionalización e a excelencia do Campus.

  • Work
    • Campus Terra - USC
  • Education
    • University of A Coruña
    • University of Vigo