María Lloves Castro

Santiago De Compostela

O meu bagaxe profesional céntrase no campo da orientación e intermediación laboral así como no asesoramento e acompañamento de proxectos emprendedores.

Na actualidade, traballo como Técnica de Inserción e Orientación Laboral nun programa de emprego, realizando tarefas de asesoramento e orientación, xestión de formación e intermediación laboral co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos usuarios do Programa.

Anteriormente, como Técnica de Fomento do Cooperativismo e a Economía social, a miña experiencia centrouse na difusión da economía social como alternativa para a posta en marcha de proxectos emprendedores e na titorización de proxectos de autoemprego baixo a fórmula cooperativa.

Destacar tamén as tarefas desenvolvidas como Axente de Emprego especializada no sector audiovisual, xestionando unha das primeiras bolsas de emprego específicas do sector, ademáis de coordinar formación dirixida aos profesionais audiovisuais e a xestión de axudas.

Na mesma área de asesoramento á creación de empresas, estiven como Titora de iniciativas empresariais nun proxecto europeo, financiado polo FSE, cuxo obxectivo era a creación de empresas por parte de colectivos desfavorecidos, axudando e acompañando en todo o proceso de posta en marcha dun total de 11 iniciativas no Concello de Ames.

  • Work
    • Técnica de inserción laboral.
  • Education
    • Lic. Administración e Dirección de Empresas; Lic. en Economía.
    • Master Axentes de Emprego, Univ. Vigo
    • Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral