Belén Ordóñez Martínez
Galicia
Lcda. en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
A miña traxectoria profesional sempre estivo relacionada co ámbito laboral.
Como orientadora laboral nun centro colaborador do SPEG realizo actividades de información, orientación e prospección de emprego.
- Elaborando as diagnoses individualizadas sobre os perfís, as necesidades e expectativas dos demandantes de emprego.
- Informando sobre o mercado laboral e os incentivos para o fomento da contratación e apoio a iniciativas emprendedoras.
- Deseñando, elaboración de itinerarios individuais e personalizados de emprego (IPI).
-Contactando coas empresas realizando unha prospeción de necesidades das empresas e as posibles persoas candidatas.
-Asesoramento sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral ou educación non formal mediante a acreditación oficial da súa cualificación a través dos certificados de profesionalidade.
- Asesorando ás persoas demandantes de emprego sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego, con acreditación oficial a través de Certificados de Profesionalidade.