Carmela Sánchez Arines
A Estrada
Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados na mesma.
Son socia fundadora de Etnoga Patrimonio Cultural, empresa na que traballo desde 2005. Antes, fun técnico de arte no Museo de Pontevedra e Guía no MARCO de Vigo.
Ademais, son Directora de Actividades de Tempo Libre e Técnica de Sendeiros. Tamén pertenzo á Asociación Profesional de Historiadores da Arte e colaboro no proxecto patrimoniogalego.net.
Neste campo, os meus intereses céntranse no patrimonio industrial, tema da miña tese de doutoramento, e no funerario. Para estas e outras cousas teño un blog, aínda que o actualizo menos do que quixera.