Mirari Urruzola

Artist

Mirari Urruzola

Artist

Mirari Urruzola, está diplomada en Produción e Deseño de Espectáculos de Teatro, pola Escola de Arte e Deseño, Croydon College de Londres (93-96). Traballa como especialista en acabados de pintura para a compañia de decoración de interiores DKT mentres continua os estudos de Belas Artes na Escola City Literary institute de Londres. Onde se dedica á creación de esculturas e participa en diversas exposicións colectivas. Termina o Master de Artes en investigación intercultural e acción creativa, London Metropolitan University (2004) .

Despues de nove anos de estancia en Londres fíncase en Santiago (2002) onde colabora como deseñadora de decorados e luces, manipulación de monicreques e na produción de varios espectáculos.

Forma a compañia Babaluva (2008) onde xestiona e produce espectáculos de monicreques para público infantil. Como docente realiza unha gran variedade de obradoiros de Arte dirixidos a nen@s, familias e profesores.