Miriam Rodríguez

Vilanova de Arousa pola semana, Boiro no corazón

Futura habitante de Barcelona, aínda que galega (e galeguista!) moi orgullosa. Rapaza de 14 anos feliz e feita de letras, adoro escribir (algún día os meus libros estarán nos estantes das librarías), facer sintaxe (aínda que soe raro), a poesía, ler (ler até que me doan os ollos) e os idiomas. Falo galego e presumo diso, aínda que tamén falo castelán, catalán, inglés e un pouco francés.

Firme defensora da dignidade dos seres humanos. Somos os únicos seres vivos que a temos en troques de termos prezo ou valor. Por iso, a quen lle falta a dignidade, fáltalle o corazón: élle imposible vivir.

Non malgasto o meu tempo odiando a ninguén. A xente que non merece a miña atención tampouco merece que lle dea tanta importancia. Ademais, a vida é demasiado curta. Non quero desperdiciala odiando!

E, para rematar, dicir que son unha rapaza moi segura das miñas decisións. Non me afectan as críticas en canto aos meus gustos musicais, gústame One Direction e dígoo con orgullo. Son culé (creo que é unha grande virtude), moi optimista, un pouco tola (pero só cando hai confianza, senón, podo ser moi tímida), soñadora, irónica, mooooi irónica, cabezota, despistada e torpe. E feliz. Moi feliz.

"A única loita que se perde é a que se abandona".

  • Work
    • Estudante de 3º de ESO
  • Education
    • IES A Basella