Mª José Maceiras Mayo
Santiago de Compostela
A miña traxectoria profesional comenzou no ámbito da organización de eventos e posteriormente emprendín cun proxecto relacionado coa primeira infancia.
Durante algúns anos compatibilicei os meus estudos universitarios coa vida laboral.
Comencei no mundo laboral nunha empresa de Ocio e Eventos. As miñas funcións consistían en planificar e organizar actividades para nen@s e xóvenes (obradoiros, dinámicas de xogos, cursos, montaxes de parques infantís...) que se levaban a cabo en colexios, concellos, institucións... de Galicia, norte de Portugal e norte de España. Dende aquí tamén fun coordinadora en varios programas de Ferradura Aberta e Nadalxogo (Concello de Santiago). Posteriormente asumín a dirección e xestión da empresa.
Nos últimos anos desempeñei o cargo de co-directora nun Centro de Ocio Educativo donde se prestaban servizos de gardería e ludoteca. Tamén levaba a cabo o desenvolvemento de proxectos educativos para nen@s de 2 e 3 anos e a planificación de actividades lúdico-educativas para nen@s de 6 a 12 anos. Asimesmo, dende aquí coordinei diversas actividades e programas educativos e de ocio , dirixidos á infancia, que tiñan lugar en concellos, colexios, asociacións...de Galicia.