María José Pensado
Os meus inicios profesionais foron no ámbito da Información Xuvenil. Neste traballo tiven a miña primeira toma de contacto coas inquedanzas, en materia de emprego, da xente moza que acudía ao servizo.
Despois dun tempo neste posto tiven a oportunidade de empezar a traballar xa como orientadora laboral e dende aquí, e durante os últimos dez anos, fun participando en diversas accións da área de emprego: obradoiros, integrados e formación ocupacional.
Neste momento estou realizando un Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral para ir completando a miña formación. Quero aproveitar todos os recursos que as novas tecnoloxías nos ofrecen e así poderllas achegar ás persoas que demandan emprego e oportunidades.