Mónica Iglesias García
Orientadora Laboral in La Coruña, España
Ola, son Mónica, Licenciada en Psicoloxía Clínica pola Universidade de Santiago de Compostela.
O meu obxetivo é axudar ás persoas a mellorar a súa calidade de vida, e neso ando.
Teño experiencia como psicóloga en centros de maiores e tamén no eido da discapacidade. A miña última experiencia profesional foi como Orientadora Laboral na Faxpg (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), experiencia chea de retos e aprendizaxes importantes.
E como nesta vida non se debe cansar unha de aprender,actualmente estou cursando o Posgrao de especialización en Orientación Laboral organizado pola Universidade da Coruña ,xa que considero que me pode aportar novos recursos e axudar a complementar o meu perfil como Orientadora Laboral .