Mónica Reinaldo Lusquiños
Teacher and Life Coach in Galicia, España
Dende o ano 2003 veño dinamizando e coordinando diferentes proxectos relacionados coa inserción sociolaboral e a igualdade de oportunidades, así como desenvolvendo tarefas de Orientadora Laboral na Administración Local.
Tras estes anos traballando con persoas en situación de desemprego, cheguei a unha conclusión que marcou a miña traxectoria profesional: a importancia dunha correcta xestión persoal e da ACTITUDE que adoptamos ante os obstáculos que se nos presentan.
Dende esta perspectiva, decidín ampliar o meu enfoque de traballo e nos últimos anos adquirín formación relacionada coas áreas de "Coaching", Intelixencia Emocional, Toma de Decisións, Pensamento Creativo e "Design Thinking".
Esta reciclaxe profesional permíteme optimizar o acompañamento de persoas en diferentes procesos, aumentando a súa capacidade de autocoñecemento e motivación, resolvendo problemas de xeito creativo e tomando decisións de calidade.
En definitiva, tentando contribuir, dende a empatía e a boa comunicación, ao seu desenvolvemento persoal e profesional e aportando ferramentas para mellorar a súa autoconfianza e tolerancia á frustración, nunha situación na que a autoestima tende a debilitarse.
Actualmente traballo como formadora en competencias transversais para o emprego con colectivos de baixa empregabilidade.
A miña filosofía é nutrirme do entorno, estar sempre en movemento e tentando aprender de todo e de todos/as!
"A vida é como andar en bicicleta, se non queres perder o equilibrio debes seguir avanzando".
Albert Einstein