Mulleres Activas e Visibles Fronte a Crise
Vigo
A Asociación Rede De Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, ven organizando o curso, A Procura Activa de Emprego a través da Web 2.0 e a Marca Persoal.
Desta experiencia xurdiu a idea: crear unha Bolsa de Emprego 2.0 que estaría formada polas alumnas participantes no curso e na que poderían mostrarse como profesionais de distintos sectores: Quen son?, Que poden facer? e os beneficios a aportar a calquera empresa na que o seu perfil profesional encaixe.
Trátase dun punto de encontro entre empresa e profesionais en busqueda de emprego, nas que ambas partes sairán beneficiadas: para a empresa engadir un activo ao seu persoal e para elas poder desenvolverse profesionalmente.
Ganas de traballar, capacidade de esforzo e de traballo en equipo, alto grado de responsabilidade e compromiso con todo aquilo que emprenden, experiencia e competencia, son os valiosos ingredientes que aportan nun momento de crise como a actual.
Si es ou representas a unha empresa con interese en incrementar e mellorar o seu capital humano e seguir avanzando na adversidad, non o dubides consulta a nosa Bolsa de Traballo.