Paola Mª Díaz Calvelo

tecnica de Orientación Laboral in Arteijo, España

Ola son Paola, e son Diplomada en Relacións Laborais e Técnico Superior de Prevención de Riscos Laboráis, con ampla formación especializada na Orientación Laboral. Na actualidade estou a realizar un posgrado de Especialización en Orientación Laboral pola Universidade da Coruña.

A miña traxectoria profesional estivo sempre ligada co mundo e o sector laboral e da Orientación. Adicándome inicialmente oa sector de xestoria laboral e pouco a pouco labrando o meu camiño hacia a Orientación Laboral onde os primeiros pasos dinos orientando e asesorando ao persoal na empresa privada.

Actualmente traballo como Orientadora Laboral no Concello de Arteixo dende fai máis de 5 anos, onde desenrolo a miña profesión con moita ilusión e alegría cada día, buscando sempre novas vías e solucións para os desempregados.

O máis importante nunha Orientadora Laboral e ter, a parte dos coñecementos necesarios sobre o sector, vocación, paciencia, constancia e gañas de axudar as persoas , sempre poñéndote no seu lugar e entendendo cada perfil. Unha Orientadora Laboral ha de empatizar con cada usuario que ten en fronte, e para poder axudar ha de ser capaz de entender cada situación e xunto co propio usuario buscar solucións.

O meu obxectivo e seguir formándome e preparándome para o futuro laboral cos novos recursos e novas tecnoloxías para así poder prestar unha maior axuda e mellores servizos os desempregados que acoden a min coa ilusión de que eu lles poida axudar a mellorar a súa empregabilidade.

  • Work
    • Concello de Arteixo
  • Education
    • University of A Coruña