BUSCAN INDUMENTARIA

1. Obxecto.
A INICIATIVA PRATO_DO e ABASTOS 2.0 unen forzas para crear unha oportunidade real de traballo a todos aqueles que estades dando os primeiros pasos na vosa carreira profesional dentro do mundo do deseño e da moda.
2. Persoas Beneficiarias.
Poderedes participar no concurso todas aquelas persoas sensibilizadas co mundo da moda e do textil galegos. Seguro sodes persoas con inquedanzas e querendo demostrar todo o voso potencial.ANIMÁDEVOS!!
3. Requisitos dos traballos.
A idea é crear unha INDUMENTARIA INNOVADORA para o mundo da restauración, inspirándose nas vestimentas que portaban a xente do rural e do mar galegos e adaptar éstas ás novas tendencias.
Para ABASTOS 2.0:
• Taberna: 2mozos (uniforme+reposto)
informal+vaqueros+zapas+panos+trapos
• Ghalpón: 1mozo+1moza (uniforme+reposto)
casa d comidas+mundo viño+ mandilons
• Loxe: 2 mozos + 1moza (uniforme+reposto)
taberna mariñeira+mar+calzado+informal
Para PRATO_DO:
• Tapería Responsable Itinerante: 1 mozo (uniforme+reposto)
bata muller galega+rural+natureza+mundo cociña
A creatividade só se entende libre de normas establecidas. Únicamente solicitamos que enviedes as imaxes dos proxectos nos tamaños seguintes: 404x404 mm e 843x403 mm.
4. Solicitudes e prazo de presentación.
As solicitudes debedes presentalas enviándoas a [email protected] antes do día 21 de maio do 2013 ás 00:00 h.
5. Medio de notificación.
Os proxectos que entren no prazo establecido e cos requisitos solicitados serán confirmados da súa participación mediante correo electrónico o día 22 de maio.
6. Procedemento de concesión do Premio.
O proxecto gañador será aquel que de mutuo acordo elixan tanto ABASTOS 2.0 como INICIATIVA PRATO_DO.
A exposición de todos os traballos independientemente de se son elexidas ou non, serán expostas nas redes sociais dende o mércores 22 de maio ata o sábado 25 de maio, día en que se presentará no Espazo Gastrocultural de Abastos 2.0 o proxecto gañador.
7. Criterios de valoración
A captación da esencia de ABASTOS 2.0 e INICIATIVA PRATO_DO, será un dos criterios de valoración, xunto co caracter innovador e revalorizador do sentir galego.
8. Premio
O PREMIO será a realización do PEDIDO COMPLETO DA INDUMENTARIA, valorado en 1.200€ máis a OPORTUNIDADE de COLABORAR posteriormente con nós noutros proxectos.