Raúl Salgueiro
Seica xornalista
Son un xornalista galego segundo un título (prom. 20-24), con gran interese polos temas culturais. Realicei o meu período de prácticas en Zenit Televisión como axudante de redacción de programas para a Televisión de Galicia como ‘Carballeira’ ou ‘En vivo e en directo’. Un dos meus primeiros proxectos foi ‘O que nos queda x contar’, un podcast en galego de entrevistas a personalidades da cultura galega.
Ademais, escribo en proxectos como a publicación autoxestionada ‘Domingo das Mozas’ e fun o creador do primeiro Club de Lectura da FaCom xunto a Mario Blanco.
Recentemente, veño de gañar a IX Bolsa Nacho Mirás co proxecto en redes sociais 'A Vozes', un perfil en Instagram sobre cultura galega feito por e para a mocidade.