Rebeca Sánchez Campos

Student and Teacher in Ourense, España

Hire me

" Os nosos mellores éxitos veñen a miúdo despois das nosas maiores decepcións"

A miña vida laboral comezou nun punto que aínda hoxe en día está sen rematar. Nin cando presumiblemente remato a que sería a miña profesión principal nin tan sequera na miña xubilación.

Son Educadora Infantil , Docente da Formación para o Emprego e actualmente estou rematando o Grao en Educación Infantil. Vivo en Ourense, España. Comecei a miña vida laboral con 17 anos nun parque de bolas. Prepareime como monitora de tempo libre na Escola Galega de Tempo Libre e aí comezou o meu periplo traballando con persoas.

Unha vez rematei o bacharelato estudei o CS en Educación Infantil ( curso 2005-2007 )logo preparei as oposicións de educadora infantil .

Coa idea de mellorar decidín comezar o Grao en Educación Infantil pola UNIR e niso estou hoxe en día.

A Formación para adultos sempre foi unha das miñas paixóns, aínda que a de nenos/as non queda atrás. Así que no ano 2017 decidín facer o Certificado de Docente da Formación para o Emprego.

Este Certificado permítíume impartir os certificados de profesionalidade e axudar ás persoas en mellorar a súa empregabilidade.

  • Work
    • Docente Educadora Infantil
  • Education
    • UNIR
    • ESEGA